martes, 18 de enero de 2011

APÚNTATE AO CLUBE DE LECTURA PARA ADULTOS

Hoxe bota a andar o Clube de lectura da EPA ao que convidamos a participar a toda a comunidade educativa, profesores, alumnos e persoal non docente, así como a tódolos amigos e veciños que se nos queiran unir.
A primeira obra da que imos disfrutar é a titulada: La boda de Chon Recalde, dun ferrolano universal, Gonzalo Torrente Ballester, do que celebramos recentemente o centenario do seu nacemento.
Trátase de que todos os membros do clube leamos esta obra e ao final do mes de febreiro poñamos en común as nosas impresións mentres tomamos un café e botamos unhas risas.
 Estade atentos ás novas entradas relacionadas co clube.
Aquí tedes unha reseña de Ponte Far sobre esta obra.

1 comentario:

  1. Estou releendo " A boda de Chon Recalde". Gustaríame que os lectores comentaran que opción persoal prefiren. Cristina? ou Chon?
    Mafi: Cristina ou Chon?. E tí Antonio que decides?
    Saludos.

    ResponderEliminar