lunes, 27 de diciembre de 2010

O 2010 foi o ano da morte de Saramago e Delibes , do premio Nobel para Vargas Llosa e do premio Cervantes para Ana María Matute
O ano 2010, que agora acaba, pechouse cunha das mellores noticias para a literatura en español, a entrega do Premio Nobel a Mario Vargas Llosa, pero tamén foi un ano de sombras para as letras iberoamericanas pola morte de dous grandes, Xosé Saramago e Miguel Delibes.
E se este ano o premio Nobel de Literatura falou por fin en español, e o pasado día 10 de decembro resoaron en Estocolmo as palabras do escritor hispano-peruano Mario Vargas Llosa, nunha cerimonia na que o autor de "La ciudad y los perros"  emocionouse e emocionou, o Cervantes tivo nome de muller, Ana María Matute. A escritora catalana, eterna candidata a este premio, o máis importante das letras en lingua española, alzouse finalmente co galardón, converténdose así na terceira muller en gañar o premio, tras recibilo María Zambrano, en 1988, e a cubana Dulce María Loynaz, en 1992. 

    
Aquí tedes máis información sobre:

                      Saramago 

            Miguel Delibes     



           Ana Mª Matute     


           Mario vargas Llosa        
  
 Sempre é bo momento para visitar a nosa biblioteca e levar prestado calquera libro destes autores. Agardámosvos.

Benvidos ó novo blog da biblioteca da EPA de Ferrol

 Benvidos! No día de hoxe, un grupo de profesores constituímos un grupo de traballo coa finalidade de incentivar a lectura no noso centro e dinamizar a biblioteca. Na primeira reunión acordamos publicar un blog aberto a toda a comunidade educativa que serva como punto de encontro, taboleiro de anuncios, canle de opinións e enlace entre nós.